O psicólogo e escritor Miguel Suárez Abel falece aos 65 anos de idade

Na súa faceta xornalística, foi merecedor dos premios Puro Cora e Julio Camba
Miguel Suárez Abel
photo_camera Miguel Suárez Abel

O escritor e columnista Miguel Suárez Abel faleceu este martes aos 65 anos preto de Ferrol, onde residía desde hai meses. Nacido en Arzúa (A Coruña), viña loitando dende hai tempo contra un cancro, ao que lle adicou boa parte dos últimos artigos publicados en El Progreso e Diario de Pontevedra. 

Licenciado en Psicoloxía, estaba afincado en Pontevedra, onde, entre outras cousas, traballou como orientador no IES Luís Seoane.

No ámbito literario deuse a coñecer en 1981 ao ser premiado no certame Modesto R. Figueiredo. Despois, en 1986, gañou o premio Blanco Amor por Turbo, a súa primeira novela. Outros títulos seus foron O quiquiriquí, Sabor a ti e Nunca te vin chorar. Na súa faceta xornalística, foi merecedor do Julio Camba en 2001 e do Puro Cora en 2007.

O funeral será este mércores ás 18.00 horas en San Esteban do Campo, en Arzúa. Os seus restos descansan no tanatorio Cardelle, nesa localidade coruñesa.

Comentarios