miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Alexandra Fernández confirma a súa baixa como militante de Anova

Alexandra Fernández. AEP
Alexandra Fernández. AEP

A exdeputada de En Marea mantivo un enfrontamento ao longo dos últimos anos coa dirección

A deputada de En Marea durante a última lexislatura Alexandra Fernández confirmou este martes a súa baixa como militante da organización nacionalista Anova.  Fernández, que hai semanas anunciou que abandonaba a primeira liña política para retomar os seus estudos, avanzou entón que sopesaba abandonar a militancia no partido nacionalista. 

Semanas despois, este martes confirmou que xa non forma parte das bases de Anova, con cuxa dirección mantivo un enfrontamento ao longo dos últimos anos.  Ademais, Fernández tamén protagonizou un distanciamento cos seus compañeiros no Congreso, aos que chegou a afear publicamente que actuasen buscando "intereses persoais" e convertesen En Marea "nun satélite" de Unidos Podemos. 

En declaracións á Radio Galega este martes, Alexandra Fernández cargou contra Podemos, partido ao que acusa de "durante estes anos tentar obrigar ao espazo de En Marea a renunciar ás cuestións de carácter nacional". Así, considera que se trata "dun erro estratéxico enorme" o cometido pola organización que lidera Pablo Iglesias e cre que "a volta a posicións centralistas" das forzas políticas da "esquerda estatal" supón "o fin da etapa" de alianzas entre os nacionalistas galegos e partidos estatais. 

Alexandra Fernández confirma a súa baixa como militante de Anova
Comentarios