martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Lidia Senra visita no cárcere a unha luguesa condenada por pertencer a Resistencia Galega

Maria Osorio. AEP
Maria Osorio. AEP

María Osorio está na cadea de Mansilla de las Mulas, na provincia de León

A eurodeputada galega Lidia Senra visitou no cárcere de Mansilla de las Mulas (León) á presa María Osorio, condenada no seu día a sete anos de prisión por pertencer a Resistencia Galega.

Senra, que foi dirixente do Sindicato Labrego Galego e que na actualidade está adscrita no Parlamento Europeo ao grupo GUE-NGL tras concorrer ás eleccións con Age, xustificou a visita na súa intención de coñecer de preto a situación en que se desenvolven familiares e amigos de reclusos galegos dispersos por cadeas de todo o territorio español.

Para iso, segundo detalla Faro de Vigo, percorreu "de forma directa" o traxecto que fan moitos familiares. A pasada fin de semana fixo os 400 kilómetros (Santiago-León-Santiago), que equivalen en tempo a unhas oito horas. Con ese xesto quixo denunciar as políticas de dispersión penitenciaria, que pide que sexan abolidas.

Vinculada ao independentismo radical, a activista María Osorio naceu hai 31 anos en Becerreá e foi detida en Lugo en decembro de 2011 xunto coa súa parella, o profesor Antón Santos, xa en liberdade.

Lidia Senra visita no cárcere a unha luguesa condenada por...
Comentarios