O estudantado galego volve saír á rúa contra a sentenza da Manada

Centos de mozas e mozos reiteraron o seu rexeitamento a dita sentencia ao longo deste xoves en diversas cidades da xeografía española

Concentración da rapazada contra a sentencia da Manada, este xoves na Praza do Toural de Compostela. LUIS POLO
photo_camera Concentración da rapazada contra a sentencia da Manada, este xoves na Praza do Toural de Compostela. LUIS POLO

O Sindicato de Estudantes chamou este xoves á folga nas aulas de institutos e universidades en contra da "escandalosa sentenza" da Manada, baixo a lema "Non é abuso, é violación".

Xunto á plataforma Libres e Combativas, o Sindicato de Estudantes pidiu tamén "a toda a mocidade e a todos" que acudiran ás concentracións que tiveron lugar pola mañá en varias cidades galegas, como Ferrol, A Coruña, Vigo e Ourense. 

Un dos membros do Sindicato de Estudantes Álvaro Ruiz, explicou que se convocara a alumnos de todos os niveles educativos ante unha sentenza "inxusta" e "insuficiente" xa que "condena por abuso, cando consideramos que o que se levou a cabo aquel día foi unha violación". Ruiz avogou por "conseguir que se modifique a lei" para que "non volvan ocorrer casos como este"

"Nós si te cremos!" e "Basta de xustiza machista e violencia contra as mulleres!" foron outros dos eslóganes que se escoitaron nesta folga e nas diferentes concentracións.

Os convocantes pediron "a expulsión da xudicatura dos xuíces responsables desta sentenza aberrante", segundo sinalou o sindicato convocante.

40 MARCHAS CONVOCADAS. As manifestacións sucedéronse en distintos puntos da xeografía española, cun total de 40 concentracións convocadas. A de Madrid foi unha das máis numerosas, con entre 15.000 e 20.000 participantes, segundo os convocantes. 

Precisamente a marcha celebrada na Porta do Sol contou coa participación de Valeria Quer, irmá de Diana Quer, a moza desaparecida en A Pobra do Caramiñal en agosto de 2016 e cuxo corpo sen vida apareceu nunha nave de Rianxo. "Queremos poder saír á rúa e queremos ser mulleres sen medo. Basta de sentenzas paleolíticas", afirmou Valeria Quer, ao tempo que defendeu a non derogación da prisión permanente revisable. 

Os manifestantes mostraron o seu apoio a Veleria con gritos de "Eu son Diana" e "Alá donde esteas estasmos orgullosas de ti", entre grandes aplausos.

Comentarios