lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Unha enquisa de GAD3 outorga tres deputados ao BNG no Congreso

El portavoz parlamentario del BNG, Néstor Rego, en el Congreso. BALLESTEROS (EFE)
Néstor Rego no Congreso. BALLESTEROS (EFE)
O PP sería a forza con máis escanos e máis votada, con dez deputados nas Cortes Xerais

Unha enquisa de GAD3 do mes de decembro outorga ao BNG tres deputados no Congreso, fronte ao representante que ten actualmente saído das urnas fai algo máis dun ano das eleccións xerais do 10 de novembro. 

O PP sería a forza con máis escanos e máis votada, con dez deputados nas Cortes Xerais e o Bloque quitaríalle dous representantes a Unidas Podemos e ao PSOE, polas provincias da Coruña e de Pontevedra, respectivamente. Desta maneira, os socialistas lograrían nove deputados con estes datos e Unidas Podemos un representante. 

Este estudo demoscópico, recollido por Europa Press, mantén ao PSOE como primeiro partido do país, pero sitúa á suma do PP e de Vox por diante de socialistas e Unidas Podemos ao rexistrarse un ascenso dos 'populares' e unha forte caída da formación morada. O diagnóstico baséase en 2.005 entrevistas telefónicas realizadas entre o 30 de novembro e o 14 de decembro.

REPARTICIÓN DE ESCANOS EN GALICIA. En canto á formación nacionalista galega, outórgalle o dobre en estimación de voto fronte ao resultado obtido. Concretamente, pasa do 0,5 ao 1 por cento en estimación de voto, o que lle faría sumar outros dous deputados ao representante que ten actualmente. 

Dos 23 escanos que ten Galicia, o PP obtería 10 –os mesmos que en 2019–, 9 o PSOE –uno menos–, tres o BNG –dous máis– e un Unidas Podemos –un menos. 

Na Coruña, o PP conseguiría tres deputados o PP, tres o PSOE e dous o BNG. En Pontevedra, repartiríanse: tres para o PP, dous para o PSOE, un para o BNG e outro para Unidas Podemos. Mentres, nas provincias do interior non habería cambios e terían senllos dous deputados o PP e o PSOE tanto en Lugo como en Ourense.

DATOS XERAIS. Mentres, o PSOE mantense como o partido con maior respaldo electoral, un 28%, o mesmo porcentaxe que logrou nas eleccións do 10 de novembro de 2019. E se hai un ano ese apoio proporcionou 120 escanos aos socialistas, a encuestadora privada calcula que agora serían 123. 

Pero o Goberno de coalición xa non tería a maioría fronte ao centro dereita e baixaría dos 155 deputados que suman hoxe a 143, xa que Unidas Podemos, segundo esta enquisa, baixa de 35 a 20 escanos ao pasar do 12.8% de hai un ano a un 9,5%. 

E é que, ademais, o PP experimenta un forte ascenso, segundo GAD3, subindo do 20,8% e os 89 deputados que logrou o 10N até un 25,6% e 110 escanos, incluíndo aos dous que se calculan á súa coalición Navarra Suma con UPN.

TAMÉN BAIXA VOX E SOBE CS. A conclusión é que os 143 escanos do Goberno de coalición quedarían por baixo dos 151 da suma do PP máis Vox, e iso a pesar de que os Santiago Abascal, segundo a enquisa, tamén baixan respecto das eleccións de hai un ano: do 15,1% e 52 deputados de 2019 a un 13,1% e 41 escanos que prognostica a sondaxe. 

Ademais, Ciudadanos tamén sobe, superando lixeiramente os resultados do seu fracaso electoral de hai un ano, cando quedou no 6,8% e só dez escanos. Agora GAD3 atribúelle un 7,1% e 11 deputados. 

E, pola contra, redúcense as expectativas da coalición de máis País e Compromís, que do seu tres deputados e o 2,3% quedarían en dous escanos e un 1,4%.

SUBIDA DE ERC, BILDU E BNG. A balanza estaría de novo en mans das formacións nacionalistas e independentistas. A encuestadora privada calcula en Cataluña 15 deputados para ERC (dúas máis), 7 para Junts (un menos), un para a CUP (un menos), mentres que o PNV repetiría con seis e sería superado por Bildu, que sobe de cinco a sete. 

O hemiciclo completaríase con tres escanos do BNG (dous máis que actualmente) e dous de CC, máis a previsión de que PRC e Teruel Existe mantivesen os seus respectivos deputados. 
O PSOE figura como gañador en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias e Estremadura, mentres que o PP vence en Castela e León, Madrid, Castela-A Mancha, Murcia e Galicia. 

Unha enquisa de GAD3 outorga tres deputados ao BNG no Congreso
Comentarios