Dous feridos nun accidente con tres coches implicados en Xinzo de Limia

Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Una ambulancia del 061. AEP

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado no municipio ourensán Xinzo de Limia no que se viron implicados tres vehículos. 

Segundo informa o CIAE 112 Galicia na mañá deste mércores, o sinistro tivo lugar ás 19,30 horas do martes na A-52 ao seu paso pola parroquia de Morgade. 

A consecuencia do impacto do tres vehículos, dúas persoas foron evacuadas de urxencia polos efectivos do 061 a un centro hospitalario para recibir atención médica. 

Unha vez atendidos os feridos, axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil colaboraron nun dispositivo xunto cos membros de mantemento da estrada para restablecer as condicións de seguridade na vía e retirar os vehículos sinistrados.

ATROPELO EN PONTEVEA. Doutra banda, tamén na tarde do martes, unha persona resultou ferida en Teo ao ser atropelada por un turismo que, segundo traslada o CIAE 112, continuou a marcha sen deterse a auxiliar á vítima. 

O accidente rexistrouse ás 19.15 horas do martes na estrada A-841 ao seu paso pola localidade de Pontevea.