martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Dous feridos ao acabar o coche no que viaxaban encaixado nun camión en Cualedro

As dúas vítimas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros de Verín

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado na mañá deste mércores no concello ourensano de Cualedro ao rematar encaixado nos baixos dun camión o coche no que circulaban. Segundo informou o 112 Galicia, as dúas vítimas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros de Verín, e foron atendidas polos servizos sanitarios. Unha vez liberadas, as dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario. 

O accidente ocorreu no punto quilométrico 181 da estrada N-525 sobre as 8.20 horas deste mércores. En concreto, o propio condutor do camión alertou do ocorrido ao 112 Galicia. 

Despois de recibir o aviso, por parte do CIAE 112 púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Verín, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil. 

Dous feridos ao acabar o coche no que viaxaban encaixado nun camión...
Comentarios