Dimite a alcaldesa de San Amaro, que seguirá gobernado por PSOE e Xuntos

Carmén Pérez alegou "motivos persoais"
Carmen Pérez, exalcaldesa de San Amaro. EP
photo_camera Carmen Pérez, exalcaldesa de San Amaro. EP

A alcaldesa socialista do concello ourensán de San Amaro, María del Carmen Pérez Corral, presentou a súa dimisión por motivos persoais, circunstancia que non afectaría á gobernabilidade do concello, que continuará tutelado polo PSdeG e Xuntos por San Amaro.

Segundo explicou o secretario de Organización do PSOE de Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera, en declaracións a Efe, esta decisión non afectará o pacto de goberno que os socialistas manteñen con Xuntos por San Amaro neste concello.

O PSdeG-PSOE, con tres concelleiros, chegara a un acordo con Xuntos por San Amaro, con 2 edís, que deixou ao PP fóra de goberno, a pesar de ser a lista máis votada, con catro concelleiros.

Segundo o acordo, socialistas e Xuntos acordaron turnarse na alcaldía co independente Carlos Paz, de tal forma que os socialistas gobernaban os dous primeiros anos e Paz sería rexedor durante os dous últimos anos de mandato.

Tras esta renuncia, Francisco Rivera garantiu "que se mantén o pacto de goberno, coa mesma composición" a falta de elixir quen ocupará a alcaldía. Pérez Corral, quen presentou escrito de renuncia no consistorio, avanzou a súa intención de conservar a súa acta de concelleira.

A partir de agora, o socialista explicou que se abre un prazo de dez días para convocar o pleno para dar conta da súa dimisión e que dará paso a un prazo doutros dez días hábiles para a celebración da sesión da que sairá elixido un novo alcalde.

No que respecta a posibles nomes, o secretario socialista aclarou que a decisión será "acordada" entre o partido e a organización local.

Comentarios