jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Detido no Salnés por alterar o cuentakilómetros de máis de cen coches

Un garda civil inspecciona un dos coches na investigación pola trucaxe dos cuentaquilómetros. DP
Un garda civil inspecciona un dos coches na investigación pola trucaxe dos cuentaquilómetros. DP

O arrestado rexentaba un concensionario oficial de venda de vehículos de recoñecido "prestixio" 

A Garda Civil detivo un veciño da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra, por vender vehículos de ocasión co cuentakilómetros manipulado, no marco da denominada operación Trucajecam. As pescudas iniciáronse o mes de novembro do ano pasado despois de que un veciño de Cantabria presentase denuncia no posto da Garda Civil de Polanco. 

O denunciante comprara un coche, con 123.000 quilómetros, que fora propiedade dun veciño de Cambados, pero posteriormente puido comprobar que xa no ano 2013 tiña rodados preto de 400.000. O vehículo fora adquirido nunha poxa polo prezo de 4.000 euros, pero despois de que se lle rebaixasen os quilómetros en case 300.000, o prezo de venda alcanzou os 9.000 euros. 

Un mes logo de terse iniciado a investigación, a Garda Civil concluíu a primeira fase da operación coa detención do presunto autor da estafa, ao que se lle atribuíu tamén a comisión doutra decena de feitos das mesmas características. 

Na segunda fase da operación Trucajecam, a Garda Civil levou a cabo unha análise pormenorizada de preto de 200 vendas de vehículos, realizadas entre 2008 e 2015. En 141 dos casos estudados detectáronse indicios evidentes da manipulación do cuentakilómetros, co que 91 dos afectados presentaron denuncias. 

Entre os casos positivos que se investigaron, detectáronse rebaixas no cuentakilómetros que chegaron a superar os 400.000 quilómetros. De feito, a maior parte dos coches vendíanse con menos de 100.000 km., co que se incrementaba de forma considerable o importe das vendas. As ganancias estimativas que xeraron as vendas poden superar o medio millón de euros.

CONCESIONARIO OFICIAL DE RECOÑECIDO "PRESTIXIO". Os afectados foron localizados en diversos puntos do territorio nacional (Ourense, Asturias, Cantabria, León ou Zamora), posiblemente, "atraídos polos baixos prezos e pola confianza que lles xeraba o feito de que o vendedor rexentaba, por aquel entón, un concesionario oficial de venda de vehículos de recoñecido prestixio", explica a Garda Civil.  As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa. 

Detido no Salnés por alterar o cuentakilómetros de máis de cen coches
Comentarios