sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

VIGO

Detido un home tras causar desperfectos nos xulgados de violencia sobre a muller

Porta dos xulgados de Vigo co cristal roto. TWITTER
Porta dos xulgados de Vigo co cristal roto. TWITTER
O suceso produciuse ao fío das 06.00 horas da madrugada deste sábado

Un home foi detido en Vigo tras causar desperfectos nos xulgados de violencia da muller da cidade olívica, segundo informan fontes de tribunais. Ao fío das 06.00 horas da madrugada deste sábado, un individuo accedeu ao interior das dependencias xudiciais rompendo dunha pedrada a porta do edificio, que durante as noites non ten vixilancia pero si unha alarma conectada á sede do TSXG, na Coruña.

A continuación, subiu á cuarta planta, onde se ubica o órgano de violencia da muller e provocou danos nos computadores, material de oficina e mobiliario. O home, que presenta un estado psicolóxico alterado, foi detido no propio lugar dos feitos após ser el quen chamou á policía para confesar. Atópase a expensas de pasar a disposición xudicial.

Así, fontes de tribunais aseguran que o nome do individuo non figura nos arquivos dos casos que xestiona o órgano de violencia da muller. Con todo, aclaran que non podería destruír nada de valor xurídico porque nos xulgados trabállase cun sistema informatizado. As forzas da orde e o TXSG abriron unha investigación para esclarecer os feitos.

Detido un home tras causar desperfectos nos xulgados de violencia...
Comentarios