Os desafiuzamentos aumentaron un 4,6% durante o ano 2017 en Galicia

Estes lanzamentos afectaron a distintos tipos de inmobles, non só a vivendas e non só á vivenda habitual

Cartel de Stop Desafiuzamentos. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Cartel de 'Stop desafiuzamentos'. XESÚS PONTE

O número de lanzamentos hipotecarios ou desafiuzamentos practicados en 2017 en Galicia foi de 2.493, un 4,6 por cento máis que o ano anterior, segundo o informe Efectos da crise económica nos órganos xudiciais que este luns fixo público o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ).

Estes lanzamentos afectaron a distintos tipos de inmobles, non só a vivendas e non só á vivenda habitual, e do total, 757 producíronse por procedementos de execución hipotecaria, o que supón un 1,2% menos, e 1.639 por falta de pagamentos de aluguer, un 6,2% máis, mentres que 97 debéronse a outras causas.

En canto ás execucións hipotecarias, iniciáronse un 6,5% menos, con 1.028 demandas, un 37,8% menos en taxa interanual con respecto á media estatal.

Por outra banda, descenden tamén os concursos presentados nos xulgados dos mercantil galegos, con 293 procedementos, un 8,2% menos; pero soben os concursos de persoas naturais non empresarias ata os 63.

Así mesmo, increméntanse as demandas por despedimento un 7,3%, ata as 5.515, e pola contra baixan os procedementos monitorios rexistrados ata os 27.626, un 6,8% menos, e os expedientes de regulación de emprego ata os 32, un 11% menos.

Comentarios