martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

Denuncian por maltrato animal ao propietario de dous cans en Redondela

Estado no que se atopaba un dos cans. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA
Estado no que se atopaba un dos cans. POLICÍA LOCAL DE REDONDELA
Os animais presentaban síntomas de desnutrición e abandono

O propietario de dous cans que vivían nunha parroquia de Reboreda foi denunciado pola Policía Local de Redondela por un presunto delito de malos tratos animais. Os animais, un macho e unha femia, presentaban síntomas de desnutrición e abandono, así como diversas feridas por todo o corpo.

Os cans foron rescatados da propiedade onde vivían e foron trasladados ás instalacións de Caan en Meis. Os animais quedaron baixo custodia veterinaria ata que o xulgado tome as medidas pertinentes.

A Policía Local de Redondela compartiu en Twitter un vídeo do estado no que se atopaban os cans:

@PLRedondela procede esta semana, ademais de 📝 #administrativamente as infraccións que se presentaban, a #instruir #Xulgado por un presunto delito de #maltratoanimal.
🐕🐕 intervidos e baixo custodia veterinaria debido ao seu estado ata que o Xulgado tome as medidas pertinentes pic.twitter.com/sOaiC977JP

— Policía Local Redondela (@PLRedondela) October 22, 2019

 

Denuncian por maltrato animal ao propietario de dous cans en Redondela
Comentarios