Denuncia nas RRSS a queixa dunha docente da UDC ao seu traballo por estar en galego

 A Universidade coruñesa desculpouse co afectado a través da súa conta oficial 
Un estudiante
photo_camera Un estudante.

Un alumno da Universidade da Coruña (UDC) fixo pública este domingo unha resposta trasladada por unha profesora da institución académica a un traballo que o mozo presentara en galego. 

No texto, que xa se fixo viral con decenas de respostas e comentarios na rede social 'Twitter', a profesora pon problemas ao alumno por presentar unha redacción en lingua galega e advírtelle que puntuará o traballo a partir do texto resultante do tradutor de Google. 

"Finalmente, paréceme xusto comentarche que non podo corrixir a redacción en galego, como xa imaxinarías. Os textos que non entendo tradúzoos en Google, e valorarei a redacción segundo o texto que me de", respondeu a profesora ao novo. 

Ante esta situación, o alumno denunciou o caso a través das redes sociais, co obxectivo de reivindicar que se cumpran os seus dereitos lingüísticos. "Acábame de chegar esta resposta dunha profesora da UDC por un enviar un traballo en galego, ano 2020 universidade pública galega". 

A publicación recibiu decenas de respostas doutros usuarios da rede social, na que se solidarizan co caso e lémbrase que o galego é lingua cooficial de Galicia. 

Nestas respostas, o alumno, que responde ao alias de usuario '@antonio_cendan', indica que outra compañeira recibiu "a mesma mensaxe" desta profesora e avanza a tramitación dunha queixa polo ocorrido. 

Comentarios