DATAlife mobiliza un proxecto de dixitalización de Raiola para mellorar o benestar dos usuarios de residencias

A iniciativa +MANS 4.0 recolle datos da actividade dos centros e propón melloras na xestión do traballo
A directora do centro de Raiola en San Marcos e o seu equipo. EP
photo_camera A directora do centro de Raiola en San Marcos e o seu equipo. EP

DATAlife Hub de Innovacion Dixital, considerado hub estratéxico para Galicia, está a mobilizar e a participar de xeito activo no desenvolmento do proxecto +MANS 4.0 liderado por Raiola Residencial  –subvecionado a través da liña de axudas á dixitalización Industria 4.0 o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)– co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores residentes no centros desta compañía.

Raiola SAPM S.L. é unha empresa que xestiona aloxamentos para persoas maiores en Galicia, concretamente nos concellos de Santiago de Compostela, Sada e Oleiros, baixo un modelo de servizos orientado ao benestar dos residentes . Raiola aposta por unha xestión baseada na innovación e traballa a partir dun modelo centrado na persoa (ACP), con atención individualizada e de calidade que pretende mellorar o enfoque da residencia tradicional e a experiencia que viven os usuarios.

O proxecto +MANS 4.0 consiste na implantación dun sistema de mellora para a atención de persoas mediante tecnoloxías conectadas.

No proxecto, ademáis de Raiola SAPM S.L., participan as firmas Anta Norte S.L. e ANM Soluciones Tecnológicas S.L. Anta Norte S.L., con sede con Concello de Vedra, é unha firma de enxeñaría con clasificación Empresa Innovadora de Base Tecnolóxico (EIBT) que ten unha forte vocación pola I+D+i e desenvolve produtos propios e para terceiros. Céntrase nas necesidades marcadas pola RIS3, estratexia global para Galicia para mellora da competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación. Por este motivo desenvolve unha liña de traballo prioritaria relacionada coa área socio-sanitaria e mostra interese en axudar ás empresas galegas.

Pola súa banda, ANM Soluciones Tecnológicas S.L. é unha empresa de desenvolvemento e automatización de ferramentas software, con sede no Concello da Coruña centrada especificamente no sector socio-sanitario, que pertence ao grupo Servicio Móvil.

En que consiste o proxecto +MANS 4.0?

O sistema pretende dar solución a unha serie de cuestións plantexadas no día a día do sector socio-sanitario. Por unha banda, recolle e xestión dos datos obtidos neste tipo de centros para maiores. A ferramenta, que rexistrará a actividade dos traballadores e usuarios, está baseada en módulos vinculados a tarefas concretas que permitirán establecer un proceso de mellora continua e terá unha gran capacidade de adaptación aos cambios.

Por outra banda, contará cunha novidade no sistema "paciente -enfermeira", que evita os sistemas tradicionais de pantalla/dispositivo no interior das habitacións dos residentes. Isto permitirá realizar transaccións a través de dispositivos móbiles fóra da sala, que o persoal xestione as súas funcións no exterior da habitación da persoa usuaria. A implantación e posta en marcha da ferramenta, que será a curto prazo, redundará nun servizo de mellor calidade para os residentes.

O proxecto +MANS 4.0 pretende, entre os seus obxectivos, integrar os distintos elementos físicos e virtuais nunha única solución, favorecendo a inter operabilidade dos mesmos. Esta innovadora ferramenta poderase trasladar e adaptar a outro tipo de residencias moi diferentes entre si.

Os proxectos financiados con estas liñas de axuda do Igape, en liña coa estratexia de Hubs de Innovación Dixital da Xunta de Galicia, pretenden extender o impacto positivo da innovación baseado na transformación dixital a todas as empresas galegas, especialmente ás pemes. E, deste xeito, mellorar os procesos de xestión, dentro do plan de fomento da innovación e do enfoque estratéxico das pemes innovadoras.

Comentarios