O cura Rodríguez Patiño oficiará unha misa contra un proxecto eólico en Monfero

Luis Ángel Rodríguez Patiño. ARCHIVO
photo_camera Luis Ángel Rodríguez Patiño. ARCHIVO

O cura de Xestoso, en Monfero, Luis Ángel Rodríguez Patiño, oficiará o día 10 unha misa contra proxectos eólicos no municipio. A cerimonia que celebrará o tamén párroco de Momán, en Xermade, e de Labrada, en Guitiriz, súmase a un roteiro guiado polo mosteiro organizado co mesmo obxectivo.

Cartel coa covocatoria da misa e roteiro. EP-PortadaTrátase así dunha xornada con romaría — ás 16.30 horas— e misa —ás 12.30— na que, segundo a plataforma veciñal Monfero di Non, invocarase a "axuda a San Lourenzo contra os eólicos".

Non é a primeira vez que Rodríguez Patiño oficia unha misa reivindicativa. En 2019 fíxoo en Momán para reclamar o arranxo das estradas LU-P-2204 e LU-170.

O párroco fíxose popular polas súas reivindicacións, tamén ante a xerarquía eclesiástica, e o seu ton crítico. Esta mesma semana instou os sacerdotes a dedicar "medio minuto" en todas as misas para pedir pola saúde do Papa e para rogar a Deus "que nos libre del mal de unos obispos, arzobispos y cardenales ultraconservadores que están al acecho para parar las reformas que Francisco inició para ventilar la Iglesia".

Comentarios