A Mesa solicita unha reunión co director de RTVE e desconvoca as concentracións

Pospón a convocatoria da protesta ata obter resposta
Actuación de Tanxugueiras en el Benidorm Fest. EFE
photo_camera Actuación de Tanxugueiras no Benidorm Fest. EFE

A Mesa pola Normalización Lingüística informou en redes sociais de que solicitou de novo unha reunión co director de RTVE para "reclamarlle que cumpra coas obrigacións con respecto ao galego". 

Así mesmo, anunciou de que quedan desconvocadas as concentracións desta semana ata obter resposta. 

Previamente, este luns, A Mesa denunciara o "desprezo" de RTVE cara o galego e, desta maneira, convocara concentracións en seis cidades galegas o vindeiro xoves. 

Agora lembra que está a debate a nova Lei do audiovisual, e insiste en reivindicar que se garanta o galego "en todas as plataformas, incluídas as públicas como RTVE". 
 

"Queremos galego na televisión que pagamos", advirte o presidente da Mesa, Marcos Maceira, quen afirma a través dun comunicado que a "presunta manipulación" do Benidorm Fest que "denuncian a maior parte dos medios de comunicación do Estado" e que "deu como resultado" a polémica derrota de Tanxugueiras, "non é un caso illado na política lingüística e cultural de RTVE, senón unha mostra máis do desprezo que mostra o ente público" pola lingua cooficial. 

"Hai 31 anos que RTVE pechou a súa emisora de radio en galego", lembrou o presidente da Mesa, quen sinalou que "só emite en galego 39 minutos dun total de 120 horas", o que supón o 0,5 por cento dos seus contidos diarios e o 0 por cento dos contidos infantís e xuvenís. 

Maceira lamentou que recentemente se permitiron emitir tentativa de parodias co galego", en referencia ao programa Masterchef, "pagadas co noso diñeiro". 

"Galicia e o galego non existen para RTVE", abundou Maceira, quen atribuíu así "a reacción ao éxito dunha música e dun grupo capaz de chegar a todo o público sen apoio e mesmo contra o criterio excluínte da cadea pública".
 

Comentarios