O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de 109 prazas de auxiliar de policía local pertencentes a 24 concellos.
Esta convocatoria é a primeira que se fai desde a entrada en vigor do decreto 115/2017, polo que os concellos delegan na Xunta de Galicia a competencia da convocatoria de prazas para os seus corpos de Policía Local.
Nesa data, 48 concellos asinaron o convenio de delegación de competencias. Nas próximas semanas publicarase o proceso selectivo para a cobertura de prazas de policía local.
Os auxiliares da policía local desempeñan funcións de apoio e auxilio ao corpo da Policía Local naqueles concellos nos que se produce en determinadas tempadas un aumento notorio da súa poboación.