Continúan á baixa os usuarios de residencias galegas con covid

Os xeriátricos de Galicia contabilizan 104 anciáns contaxiados e crecen os brotes de DomusVi Vimianzo e de La Saleta, en San Cristovo de Cea
El asilo de Vilalba. MARÍA ROCA
photo_camera O Asilo de Vilalba. MARÍA ROCA

O cómputo global de casos activos de covid-19 entre usuarios das residencias de Galicia continúa á baixa este martes, cun total de 104 infectados. Isto é posible porque, a pesar de que se detectaron 10 novos positivos, curaron 11 anciáns e faleceron outros dous –no Asilo Vilalba, xa notificados na tarde do luns–.

Segundo o parte diario da Consellería de Política Social, con datos actualizados a última hora do luns, as 11 altas distribúense entre seis xeriátricos: catro usuarios na residencia Cesantes de Redondela, dous no CRAPD Vigo II, dous na Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño, dous en Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, dous en San José de Narón e un na Soremay de Pontevedra.

Con todo, o parte de Política Social recolle que se suman ao listado catro anciáns do centro DomusVi Vimianzo e seis da residencia La Saleta, en San Cristovo de Cea.

A pesar destas variacións, o xeriátrico Soremay de Pontevedra continúa como o que máis casos activos entre os seus usuarios ten de toda Galicia, cun total de 17. Seguen a este La Saleta de San Cristovo de Cea, con 15, a residencia Pontevedra de Vilaboa, con 12, e o CRAPD Vigo II, con outros 12.

O resto de residencias mantense por baixo da decena de casos: Vila do Conde de Gondomar (9), DomusVi Vimianzo (9), DomusVi Vigo (7), San Antonio de Beariz (5), San José de Narón (5), Monte Tecla da Guarda (4) e Cesantes de Redondela (4).

Así mesmo, hai un ancián contaxiado de coronavirus en cada un dos seguintes centros: Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, Servisenior de Brión, San Cibrao de Cervo, San Salvador de Guntín e CRAPD Vigo I.

RABALLADORES DE RESIDENCIAS

Con respecto aos traballadores de centros xeriátricos, o cómputo global tamén baixou, até os 121, grazas a que as altas superaron aos novos positivos rexistrados.

En concreto, curaron do coronavirus nas últimas 24 horas un total de nove empregados –dous en Nosa Señora das Virtudes, tres en San Cibrao, tres en Soremay e un en Cesantes-Redondela–, mentres que outros dous do centro de Redondela xa non figuran na listaxe por causar baixa na residencia, segundo explica Política Social.

En canto aos novos positivos, son un total de sete repartidos en tres xeriátricos: dous en DomusVi Vimianzo, outros dous na Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño e tres en La Saleta de San Cristovo de Cea.

Así, o cadro máis afectado este martes segue sendo a do Asilo Vilalba, con 13 traballadores infectados, seguida da residencia Pontevedra de Vilaboa e DoralResidencias de Mos, con 10 cada unha. O resto de centros que figuran nos datos de Política Social se manteñen por baixo da decena.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade (CAPD) non rexistran este martes ningún cambio, polo que se manteñen sen usuarios afectados.

En canto aos cadros destas instalacións, continúan enfermos de covid-19 dous empregados do Fogar San Rafael de Vigo, un do centro de Sarria e un en San Vicente de Paúl de Lugo, tras retirarse da listaxe un traballador do centro Souto de Leixa de Ferrol. 

Comentarios