Consumo non recibiu ningunha reclamación sobre a caída da rede informática de Abanca

A deputada do BNG Noa Presas pide "actuar de oficio" para comprobar se o banco está actuando correctamente

Una oficina de Abanca. EP
photo_camera Una oficina de Abanca. EP

O Instituto Galego  do Consumo e da Competencia non recibiu "consulta algunha nin reclamación algunha" sobre a caída da rede informática de  Abanca, que afectou os seus clientes durante unhas 48 horas nalgúns dos seus servizos. 

Ante esta información, que deu a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, na comisión de economía do Parlamento, a deputada do BNG Noa Presas pediu actuar "de oficio", para comprobar se esta cuestión "está a resolverse con normalidade" (por exemplo as comisións derivadas de operar con outros bancos que a entidade galega dixo que devolvería). 

Pola súa banda, a responsable de Comercio indicou que, consultadas todas as oficinas do instituto e todos os servizos de atención, "non se ten constancia de consulta algunha nin reclamación algunha en relación a este tema". 

"En consecuencia, non existe tampouco unha intervención do instituto motivada por reclamacións ou consultas", apuntou, aínda que engadiu que "de ter coñecemento de calquera reclamación ou consulta, asistirá e empregará todos os medios persoais" ao seu alcance. 

A xuízo de Sol Vázquez, tras a caída da rede informática funcionou un "mecanismo automático" do banco que supón que "é o que produce que non haxa "ningunha consulta" en Consumo.

Comentarios