viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

Educación avanza un plan para potenciar o uso do galego entre os máis novos

Román Rodríguez. EFE
Román Rodríguez. EFE

Román Rodríguez recoñece preocupación polo feito de que o castelán xa é lingua materna maioritaria en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou a próxima presentación dun "plan para potenciar o uso do galego" entre a mocidade galega. Nunha entrevista na Radio Galega este sábado, Rodríguez admitiu preocupación por este asunto, ao ser preguntado polos datos da Real Academia Galega nos que se apuntaba a que o castelán xa é lingua materna maioritaria en Galicia. 

Respecto diso, asegurou que "é un problema absolutamente social", pero valorou que Galicia, "en comparación con outras comunidades autónomas, tamén está á vangarda no sentido de que hai un maior número de persoas que entenden que a súa lingua maioritaria son as dúas, o galego e o castelán". Neste escenario, instou a "traballar en positivo" e a "sacar o galego das liortas políticas". 

Respecto á proposta de Cs en España para que as linguas cooficiais non sexan requisito obrigatorio para o acceso á función pública, dixo que se trata dunha "proposta absolutamente desenfocada e que descoñece o que son as realidades das diferentes nacionalidades históricas que temos en España".

Educación avanza un plan para potenciar o uso do galego entre os...
Comentarios