viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

'Coñece Galicia' oferta máis de 500 prazas de 'minicampamentos' de verán

Serán estancias de cinco días en aloxamentos turísticos 

O Goberno galego pon en marcha 'Coñece Galicia', un programa de minicampamentos de verán con estancias de cinco días en aloxamentos turísticos distribuídos por todo o territorio. 

A iniciativa, de carácter lúdico e formativo, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e conta cun total de 533 prazas e 14 programas e instalacións, dirixidos a nenos de entre 10 e 14 anos. 

O obxectivo: apoiar a adquisición de competencias e habilidades e fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial da comunidade. O prazo de inscrición abrirase o 7 de xullo ás 10.00 horas. 

'Coñece Galicia' oferta máis de 500 prazas de 'minicampamentos' de...
Comentarios