jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Un comité educativo asesorará ao Goberno de Feijóo, que renova a cúpula da Consellería

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,
O fonsagradino Manuel Vila López exercerá como secretario xeral de Educación

O Goberno galego adoptou varias decisións para a área de Educación, que o presidente, Alberto Núñez Feijóo, decidiu volver a reagrupar con Cultura e situar baixo as ordes de Román Rodríguez. Entre as novidades está a creación dun comité educativo de expertos para asesorar ao Executivo no marco da pandemia, pero tamén a substitución de tres cargos chave na cúpula da Consellería. 

Así, Feijóo anunciou o cesamento de Manuel Corredoira, José Manuel Pinal e Jesús Oitavén, a quen agradeceu os servizos prestados desde hai "moitos anos" -nalgún caso máis dunha década- no equipo directivo de Educación. 

Corredoira estaba á fronte, desde 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Un cargo que agora pasará a ocupar José Luis Mira Lema. 

Pinal exercía como director xeral de Centros e de Recursos Humanos da Consellería de Educación desde o ano 2009, e o seu cargo pasará a mans de Jesús Álvarez Bértolo; mentres que das responsabilidades que deixa Jesús Oitavén, secretario xeral de Educación desde 2010, ocuparase agora o fonsagradino Manuel Vila. 

En canto ao comité educativo que asesorará á Xunta, o presidente explicou que contribuirá a axudar ao seu Executivo na toma de decisións que, deu por feito, haberá que "improvisar" ao longo dun curso marcaado pola pandemia. Neste comité estarán representantes da comunidade educativa e tamén expertos da comisión clínica que traballa co Executivo autonómico desde o inicio da pandemia. 

Un comité educativo asesorará ao Goberno de Feijóo, que renova a...
Comentarios