O CIS introduce a Feijóo e pregunta se lle gustaría que fose o presidente do Goberno na crise do Covid-19

O 1% dos homes entrevistados e o 1,2% das mulleres dixeron que preferían ao actual xerente da Xunta
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante la reunión Comisión de Coordinación Operativa sobre el coronavirus. DAVID CABEZÓN (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. DAVID CABEZÓN (EFE)

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) deu a coñecer este mércores o seu barómetro mensual, o primeiro desde que estalou a crise do coronavirus, no que se reflicte un recorte de dous puntos na vantaxe que tiña o PSOE sobre o PP o mes anterior e déixaa en 10 puntos.

Os datos da enquisa, na que se fixeron 3.000 entrevistas, non están desagregados por comunidades autónomas, pero como novidade con respecto a anteriores estudos demoscópicos, preguntan pola crise sanitaria e introducen ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na pregunta da quen prefiren os cidadáns para liderar o Goberno de España neste momento de pandemia.

En canto a estimación de voto, o PSOE figura este mes cunha estimación de voto do 31,2%, sete décimas por baixo do seu dato de marzo, pero aínda así segue tres punto por encima do 28% co que gañou as últimas xerais.

Mentres, o PP aparece agora cun respaldo do 21,1%, algo mellor que nas xerais do 10N e un punto e medio por encima do resultado que o centro público dáballe hai un mes. O BNG mantense cunha estimación de voto do 0,5%.

O 1,6% dos entrevistados de municipios de entre 100.001 e 400.000 habitantes elixirían o presidente da Xunta para presidir o Goberno central

De novo sobre a valoración dos líderes, Feijóo é o preferido para un 1,1% dos entrevistados, só por diante do presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, que obtivo un 0,8%. Segundo este estudo do CIS, o 35,5% escolle a Pedro Sánchez, mentres que o 12,5% preferiría que fose Pablo Casado o presidente do Goberno.

SEXO E MUNICIPIO. O 1% dos homes entrevistados e o 1,2% das mulleres dixeron que preferían a Feijóo como presidente do Goberno central; mentres que o 2,2% dos maiores de 65 anos tamén o elixiu a el. Nesta franxa de idade, Pedro Sánchez é o elixido polo 36,9% e Pablo Casado, polo 18,1%, seguidos do líder de Vox, Santiago Abascal, cun 4,6%.

Ademais, o 1,6% dos entrevistados de municipios de entre 100.001 e 400.000 habitantes elixirían o presidente da Xunta para presidir o Goberno central, unha franxa na que o 34% escolle a Pedro Sánchez e 12% a Pablo Casado.

Comentarios