Miércoles. 22.05.2019 |
El tiempo
Miércoles. 22.05.2019
El tiempo

A chuvia volve o mércores; o frío continúa: -7º en Calvos de Randín

Un pájaro sobre una placa de hielo en Montederramo. BRAIS LORENZO
Un pájaro sobre una placa de hielo en Montederramo. BRAIS LORENZO

En Sarria houbo -2,5º

Galicia continúa gozando dos ceos despexados aínda que o mércores volverán as chuvias. Unha fronte atravesará a comunidade ese día, traendo consigo un aumento de nubes e precipitacións, que comezarán polo oeste e que se irán estendendo ó resto co transcurso do día. A cota de neve situarase ás últimas horas nos 1.000-1.200 metros, segundo MeteoGalicia.

A localidade ourensá de Calvos de Randín rexistrou na mañá deste luns a temperatura mínima de Galicia, con -7º ás 8,30 horas, nunha xornada na que a provincia de Ourense mantén aviso por frío. 

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 9,30 horas deste luns, recollidos por Europa Press, en localidades con altitude menor de 900 metros os termómetros tamén caeron até os -6,3º en Baltar (Ourense) ás 8,30 horas. 

O resto de valores mínimos significativos da mañá deste luns correspondeu a outros concellos ourensáns situados en Verín (-5,8º), Xinzo de Limia (-4,2º) e Larouco (-4). 

Pola súa banda, en localidades con altitude maior de 900 metros rexistráronse -2,4º nen Vilariño de Conso (Ourense), -0,6º en Navia de Suarna (Lugo) e -0,5º no municipio ourensán de Maceda. En Sarria a mínima foi de -2,5º.

Na xornada do domingo a temperatura mínima de Galicia correspondeu ás localidades ourensás de Verín e Baltar, con -7,4 graos centígrados.

A chuvia volve o mércores; o frío continúa: -7º en Calvos de Randín
Comentarios