sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

O CHUS contará cunha nova unidade de tratamento de ictus

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañas, (2, izq) e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, durante a presentación da nova unidade de ictus. EFE
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañas, (2, izq) e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, durante a presentación da nova unidade de ictus. EFE
Melloraranse tamén os recursos dispoñibles para a cura do Parkinson cunha tecnoloxía pioneira en España

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) contará cunha nova unidade de ictus e con tecnoloxía pioneira na sanidade pública de España para o tratamento de trastornos de movemento e párkinson

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou na mañá deste sábado as instalacións do Clínico acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez. Ambos foron os encargados, nun acto celebrado no hall de entrada do hospital compostelán, de presentar a reforma, que consistirá na adecuación da área de neuroloxía para a súa conversión nun único espazo que albergará a área de tratamento ao ictus. 

A actuación, que ten un prazo de execución de dous meses, conta cun orzamento de 450.000 euros e encádrase dentro do Plan Ictus, iniciado no ano 2016 para reducir a mortalidade desta patoloxía na que o tempo que transcorre entre a súa detección e a chegada ao hospital resulta clave. 

A nova unidade de ictus forma parte do plan de investimento previsto para a área sanitaria de Santiago para o próximo exercicio, no que a Administración autonómica prevé gastar 10 millóns de euros no distrito da capital galega e a comarca do Barbanza. Parte dese desembolso irá parar á compra de equipos que converterá ao CHUS no primeiro hospital público de Santiago en contar co sistema HIFU de ultrasons de alta frecuencia para o tratamento do Parkinson e outras enfermidades do movemento. 

En palabras do conselleiro, este equipamento, que terá un custo de 1,8 millóns de euros, suporá "un importante avance" no tratamento dos tremores refractarios para aqueles pacientes que non entran dentro dos criterios de cirurxía, así como naquelas persoas que padezan parkinson de predominio unilateral. 

O CHUS contará cunha nova unidade de tratamento de ictus
Comentarios