domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

Catro concellos galegos estrean os pasos de vaca en substitución dos de cebra

Uno de los pasos de vaca. EP
Uno de los pasos de vaca. EP
Son A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía, todos relacionados co sector lácteo

Catro concellos galegos sumáronse á iniciativa iniciada no centro da Coruña ao inaugurar este martes os primeiros pasos de vaca permanentes. 

Todos eles (A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía) son municipios relacionados co sector lácteo, segundo destaca Casa Grande de Xanceda, explotación leiteira que impulsa o proxecto. 

Con esta acción, engade, o que se busca é reivindicar "a importancia" do sector e da vaca na comunidade galega, "pór en valor" a súa importancia "como parte da paisaxe e da cultura galega". 

A partir deste martes, os viandantes da Baña (municipio que conta coa parroquia con máis vacas por extensión cadrada de toda Galicia), Mazaricos (primeiro en produción leiteira de España), Santa Comba (o quinto que produce máis leite de vaca) e Mesía (berce de Casa Grande de Xanceda) poderán atravesar pasos "que os representen máis que os de cebra". 

Catro concellos galegos estrean os pasos de vaca en substitución...
Comentarios