Case 40 incidencias en Galicia polo vento e a chuvia

Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bomberos.AEP

A central do 112 Galicia rexistrou na noite do venres ao sábado un total de 37 incidencias relacionadas co episodio meteorolóxico adverso que afectou a Galicia. Delas, 22 corresponderon á provincia de Pontevedra, 14 á da Coruña e unha a Ourense. 

As incidencias —contabilizadas entre as nove horas da pasada noite e as oito desta mañá— estiveron relacionadas, sobre todo, con restos de accidentes e obxectos varios nas estradas (14), a caída de pólas e árbores nas vías (14) e accións de prevención de riscos (5).

Entre os concellos máis afectados destaca o de Vigo, con seis avisos, Cangas tivo catro e Cuntis, dous. Rianxo, Muros e A Coruña sumaron dous respectivamente e en Cenlle houbo unha incidencia, atendendo aos datos facilitados polo 112.

As previsións meteorolóxicas apuntan a que unha fronte fría asociada á borrasca atlántica Jorge trae chuvias e ventos fortes. De feito, o litoral de Lugo e A Coruña están en alerta naranja este sábado.

Comentarios