Casal aposta por gobernar desde o Parlamento "por primera vez" en Galicia

Entre as súas propostas, Marea Galeguista avoga por reestruturar o proxecto do Ave en Galicia

Pancho Casal, este xoves na Coruña. MAREA GALEGUISTA
photo_camera Pancho Casal, este xoves na Coruña. MAREA GALEGUISTA

O candidato á Presidencia da Xunta por Marea Galeguista, Pancho Casal, asegurou este xoves que é necesario que se goberne "por primeira vez" en Galicia desde o Parlamento, con debates que se fagan efectivos e "sen maiorías absolutas que representen só unha parte da sociedade".

Na presentación da candidatura pola Coruña, encabezada por el mesmo, Pancho Casal subliñou que esta lista, cunha "ampla representación da sociedade" chega "para ser decisiva", centrada no país e transversal.

"O mellor é que se goberne desde o Parlamento, cun Executivo que obedeza", indicou Casal, que lamentou que se aproban moitas proposicións non de lei que "pasan a ser recomendacións" e finalmente a Xunta non as leva a cabo.

Así, o líder da coalición cuxos tres eixos fundamentais son "a sustentabilidade, o feminismo e a xustiza social", propón "escoitar a todos os que estean representados". "Queremos contar cos votantes do PP pero co PP na oposición", apostilou.

Entre as súas propostas, Casal avogou por reestruturar o proxecto do Ave en Galicia, xa que, con ese orzamento, indicou, pódese "vertebrar toda Galicia" con trens a 200 quilómetros por hora", unha opción que ve mellor que "chegar a Madrid vinte minutos antes".

Ademais, expuxo que os portos galegos de titularidade estatal pasen a estar baixo o control da Xunta e lamentou que non chegase o tren ao Porto Exterior da Coruña. "É inaudito que teñamos un Porto Exterior e a ninguén se lle ocorrese facer un tren antes", esgrimiu.

En canto á Industria, lamentou que a Xunta non actúe ao asegurar que "o PP parece que non se leu o estatuto de autonomía pois a política industrial é competencia exclusiva".

Respecto diso, referiuse á "operación escandalosa" de venda de Alu Ibérica (antiga Alcoa) por parte de Parter Capital ao Grupo Risco pois asegurou que "soa a pelotazo" e que analizarán a situación "con lupa".

Pese ao resultado do CIS, que non lle dá representación, mostrouse optimista, pois apuntou que os datos reflicten o crecemento da coalición e que en Pontevedra, segundo os datos da sondaxe, están "a nove décimas" de ter unha deputada.

"Isto é un proxecto que se fraguou nun mes", ha justificado Pancho Casal, que apelou aos "indecisos", xa que "agora hai esta nova oferta que representa ao país".
 

Comentarios