jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Cuando los cementerios se llenan de vida

Nin sequera algo tan arraigado na mentalidade galega como o culto á morte é quen de escapar da crise económica. Mantendo a tendencia dos últimos anos, os galegos volveron mirar o peto á hora de gastar en flores no Día de Defuntos. Segundo os datos da Asociación Española de Floristas, o investimento medio este ano foi duns 32 euros por persoa a nivel nacional, unha cifra que ven decaendo desde o ano 2003, cando a media se situaba nos 74 euros por núcleo familiar.

Con todo, as floristerías admiten que Defuntos e Todos os Santos representan un 20% da súa facturación anual –incluso o feito de ser ponte festiva este ano pode incrementar a porcentaxe– e non só achacan a caída de vendas á crise, senón á perda da tradición entre os novos. De feito, un 85% dos compradores teñen máis de 50 anos de idade, constatan.

Crisantemos, caraveis, gladiolos, lilium e rosas seguen a ser as flores favoritas para adornar as tumbas, mantendo ademais os prezos de anos anteriores, algo bo para os vendedores pero malo para os produtores, que se queixan de que a eles si que lles subiu o custo de cultivo e que, pola crise, teñen que vender a igual ou menor custo que en 2012. “Os crisantemos véndense hoxe un 18% máis baratos que en 2005, o caravel, un 12% e as rosas, un 11%”, alertan.

Galicia, un ano máis, sitúase á cabeza das comunidades que máis gastan, como vén sendo habitual. Aquí a tradición, devoción e culto á morte sobreviven, sobre todo nas pequenas vilas e aldeas, onde os cemiterios se amosan estes días resplandecentes, limpos, cheos da cor que achegan as flores e repletos de vida con centos de visitantes que acoden para lembrar os seus seres queridos nestas datas de recollemento e de oración.

Con todo, a crise económica tamén se deixa sentir na comunidade, e non só coa compra de flores. En liñas xerais as funerarias aseguran que a súa facturación caeu un 15% no que vai de ano debido á crise e a suba do IVE do 8 ao 21%. Aínda así en Galicia a morte segue a ser negocio, xa que é a terceira comunidade autónoma con maior taxa de mortandade, despois de Asturias e de Castela e León.

Pero o que hoxe e mañá son para moita xente datas relixiosas e de recollemento, para outros son sinónimo de festa pagá. O Halloween ou a súa versión galega do Samaín gozan cada día de máis tradición que, ao contrario do que ocorre co negocio funerario ou de flores, aumentan ano tras ano o seu volume de negocio, sobre todo no eido dos disfraces e os complamentos do terror.

E nesta noite máxica tamén se abre a veda para os magostos, a festa do outono por excelencia en Galicia e coa castaña de protagonista.

Cuando los cementerios se llenan de vida
Comentarios