sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Cando o alcalde se decide no estranxeiro

Touriño durante a súa visita ao centro español de Salvador de Baía
Touriño durante a súa visita ao centro español de Salvador de Baía

Máis dun século de emigración na historia galega deixa, obviamente, pegadas importantes. En dous de cada cinco concellos, os emigrantes galegos representan máis do 20% dos votantes, o que lles dá un papel fundamental á hora de decidir o goberno local. Ourense é, sen dúbida, a zona que concentra máis votantes no exterior, que rexistra casos como o do concello de Avión, no que o 49,5% dos votantes están emigrados, ao igual que Bande (47%),  Gomesende (46%) ou Arnoia (45%).

Sobre o voto no exterior pesou sempre unha incertidume, e nestes días foron sonadas supostas accións irregulares vinculadas co censo emigrante. Alcaldes como o de Cerdedo, Vila de Cruces ou Muxía, entre outros, foron acusados de ter solicitado o voto aos emigrantes cando aínda non está aberta a campaña electoral, polo que no caso de demostrarse estarían incumplindo a lei.

O alcalde do concello ourensán de Avión, Antonio Montero, sinala que tal volume de emigrantes, dificulta a xestión municipal, xa que "temos fondos para 2.000 habitantes e traballamos para 4.000". Segundo o rexedor, a maioría dos censados no CERA visita Avión con frecuencia, polo que "coñecen a realidade do concello e están impicados". De todos os xeitos, Montero cre que os votos que chegan do exterior non son decisivos, porque a participación é moi escasa.

Cando o alcalde se decide no estranxeiro
Comentarios