miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

A campaña da gripe arrinca o próximo 13 de outubro con case un 25% máis de doses

Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP
Un paciente recibiendo la vacuna contra la gripe. AEP
Sanidade subliña a importancia de que os grupos de risco acudan a vacinarse ante un escenario no que convivan covid e gripe

O 13 de outubro arrincará en Galicia a campaña de vacinación contra a gripe, que contará este ano con case un 25 por cento máis de doseS que en 2019, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade. 

En total, a comunidade galega dispón de 865.830 doses de vacina (200.830 máis que o pasado ano) para esta campaña, que Sanidade considera de especial relevancia ao producirse nun contexto de pandemia. 

Deste xeito, a Administración autonómica subliña a importancia de que os grupos de risco acudan a vacinarse ante un escenario no que convivan covid e gripe. 

Os primeiros en poder recibir a vacina serán os profesionais sanitarios, para os que se activará o 5 de outubro unha campaña que oferta gratuitamente o tratamento a toda a poboación para a que está indicada: maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, embarazadas e persoas con factores de risco que os predisponen a padecer complicacións desta doenza. 

Entre os obxectivos da campaña figuran, como establece a OMS, alcanzar a cobertura do 75 por cento da poboación maior de 65 anos e dos traballadores sanitarios e o 60 por cento de embarazadas e poboación de risco. 

Unha das novidades da campaña 2020 da vacina da gripe está na inclusión na poboación 'diana' como grupo de risco ás mulleres no puerperio (até seis meses despois do parto) no caso de que non fosen vacinadas durante a xestación.

TRES TIPOS DE VACINAS. Doutra banda, este ano usarase por primeira vez unha vacina tetravalente de alta carga, con 60 microgramos, destinada para as persoas máis vulnerables, maiores de 65 anos ingresados en residencias. 

Ademais, tamén se empregarán antigripais tetravalentes para toda a poboación en risco entre o seis meses e os 64 anos, así como unha vacina trivalente adxuvada de maior poder inmunogénico para todos os maiores de 65 anos. 

A campaña da gripe arrinca o próximo 13 de outubro con case un 25%...
Comentarios