martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

O cambio de nivel educativo e a vida laboral condicionan o uso do galego entre os mozos

Alumnos en un instituto.  EUROPA PRESS
Alumnos nun instituto. EUROPA PRESS
Un estudo conclúe que "os mozos asumen que o castelán é non só a lingua habitual maioritaria nos núcleos urbanos cara aos que se desprazan senón tamén a lingua que se espera que eles e elas falen"

O paso da educación primaria á secundaria e o comezo da vida laboral son dous momentos craves nos cambios lingísticos da mocidade en prexuízo do uso do galego, segundo informa a Real Academia Galega (RAG) en base ás conclusións dun estudo. En concreto, así o conclúe un traballo de Lida Gómez Martínez, publicado no último número de Cadernos de Lingua, unha análise das narrativas biográficas de 17 mozas nas que contan e interpretan as súas experiencias vitais ao redor da lingua. 

"Os e as informantes entrevistadas comezan a introducir o castelán nas súas prácticas habituais cando o cambio de etapa vai acompañado dun cambio de centro, normalmente situado nun hábitat con características urbanas, e tamén dun cambio nas redes sociais", indica entre as súas conclusións. 

"Os mozos asumen que o castelán é non só a lingua habitual maioritaria nos núcleos urbanos cara aos que se desprazan senón tamén a lingua que se espera que eles e elas falen", indica o estudo que apela a que os "esforzos normalizadores e de política lingística diríxanse a desmontar a asociaión galego-rural e castelán-urbano" e dar "visibilidade" aos que falan galego nas cidades.

PROXECTO. As entrevistas nas que se basea esta achega realizáronse no marco do proxecto O galego segundo a mocidade do Seminario de Sociolingística da Real Academia Galega. O traballo está recollido no último número de Cadernos de Lingua, dispoñible na sección de publicacións de academia.gal, onde pode consultarse xunto aos demais volumes da revista que edita a RAG baixo a dirección do académico Manuel González. Nel, inclúese tamén unha análise das actitudes e percepcións lingísticas na fronteira entre Galicia e Portugal e un estudo sobre a fala de Cerdido (A Coruña), entre outros temas. 

O cambio de nivel educativo e a vida laboral condicionan o uso do...
Comentarios