Caballero tacha de "demoledor" o auto do TSXG que invalida o certificado covid

O secretario xeral do PSdG criticou ao Goberno galego lamentando que "dende a Consellería de Sanidade non se estean facendo ben as cousas"
El secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero, en una rueda de prensa en las instalaciones del grupo socialista en el Parlamento de Galicia. PSDEG-PSOE
photo_camera Gonzalo Caballero, nunha rolda de prensa nas instalacións do grupo socialista no Parlamento de Galicia. PSDEG-PSOE / ARQUIVO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tachou de "demoledor" o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que invalidou a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder ao interior dos locais de hostalaría. 

Caballero, nunha visita este sábado ao concello de Mondariz (Pontevedra) na que estivo acompañado polo seu alcalde, José Luís Fernández Piñeiro, comentou que a decisión do tribunal é "unha emenda á totalidade da xestión realizada pola Consellería de Sanidade de Feijóo" e que deixa "meridianamente claro" que a medida "atenta contra os dereitos fundamentais" e que "discrimina e demoniza ao sector da hostalaría". 

"Queda claro que desde a Consellería de Sanidade non se están facendo ben as cousas e, por tanto, a Xunta de Galicia debe cambiar o rumbo no canto de atacar ao sector da hostalaría e de non ofrecerlle seguridade xurídica na desescalada", lamentou o líder socialista. 

Neste sentido, Gonzalo Caballero asegurou que "non hai reactivación posible se non se fai de acordo ao Estado de dereito e fortalecendo a sanidade pública galega". "Pero Feijóo, con todo, está a debilitar a sanidade pública galega e facendo normas ilegais", insistiu. 

É por este motivo que o secretario xeral do PSdeG remarcou que "o que debe facer o presidente da Xunta é sentar inmediatamente co sector para establecer un plan de axudas, para pactar a desescalada e para darlle seguridade xurídica a unha reactivación na que é prioritario fortalecer o sistema sanitario e os sectores máis afectados", entre os que destacou á hostalaría, "que ten dificultades e que necesita a reactivación este verán". 

Comentarios