Caballero reivindica a "tradición galeguista" do PSdeG para encarar o futuro

Os socialistas galegos celebran en Rianxo a súa tradicional ofrenda a Castelao no Día de Galicia 
Gonzalo Caballero. SALVADOR SAS. (Efe)
photo_camera Gonzalo Caballero. SALVADOR SAS. (Efe)

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou a "tradición galeguista" dos socialistas galegos, encarnada nas figuras como Ramón Piñeiro, Benxamín Casal ou Ceferino Díaz; á vez que apelou a "aprender das derrotas" para encarar o futuro. 

Así se pronunciou o líder do PSdeG na tradicional ofrenda a Daniel R. Castelao que cada ano realizan os socialistas galegos polo 25 de xullo na localidade natal do pensador e artista galeguista, Rianxo. 

Alí, acompañado pola portavoz socialista na localidade do Barbanza, Mari Carmen Filgueira; Caballero enxalzou o "galeguismo inclusivo e cultural" do partido, comprometido, segundo o secretario xeral, con "os valores e as ideas" do país. 

Logo de mandar unha mensaxe de afecto ás vítimas do accidente de Angrois  do que se cumpriron –sete anos o pasado venres– e do coronavirus, Caballero incidiu en que o PSdeG foi "parte fundamental na construción de Galicia" exercendo como "bastión" na defensa do autogoberno fronte a unha dereita "que non quería un estatuto de primeira" e "un nacionalismo que non quería remar" cara á aprobación do Estatuto. 

"Galicia é a nosa causa e o noso obxectivo", aseverou antes de apelar a "seguir construíndo unha Galicia mellor". "Imos cumprir con Galicia, cunha Galicia que aspira a mellorar e que non quere seguir á cola", incidiu Gonzalo Caballero que puxo o acento en que o partido ten Os socialistas galegos celebran en Rianxo a súa tradicional ofrenda a Castelao no Día de Galicia  para quen "non se resigna a que Galicia languidezca".

APARCAR "DEBATES INFINITOS" 

Así as cousas, o líder socialista instou a deixar ao carón "debates infinitos" após as eleccións autonómicas do 12 de xullo na que o PSdeG quedou en terceiro lugar, polo que apela a pasar "á praxe política" e "aprender das derrotas para chegar ás vitorias cunha mensaxe en positivo". 

"Escoitamos, aprendemos, extraemos leccións e traballamos para que os que non están satisfeitos véxannos con responsabilidade", aseverou Gonzalo Caballero.

Comentarios