O BNG urxe a repatriación dos estudantes galegos "atrapados" en China 

Rego destacou que se trata de mozos que, "ante o peche das universidades previsiblemente ata o mes de marzo", atópanse "sen posibilidades de entrar nas súas residencias habituais"

Ciudadanos con mascarilla en Hong Kong. EFE
photo_camera Ciudadanos con mascarilla en Hong Kong. EFE

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxiu ao Goberno do Estado a repatriación dos estudantes galegos "atrapados" en China despois de recibir "solicitudes de axuda" de cidadáns que residen neste país. 

Nun comunicado remitido aos medios, asegura que recibiu "mensaxes alertando da situación de cidadáns galegos que se atopan illados en diferentes rexións do país, e sen que a embaixada española lles preste auxilio". 

Rego destacou que se trata de estudantes que, "ante o peche das universidades previsiblemente ata o mes de marzo", atópanse "sen posibilidades de entrar nas súas residencias habituais" e tampouco poden "volver ao seu país debido á cancelación de voos". 

Ante esta cuestión, o deputado preguntou ao Goberno pola situación na que se atopan estas persoas, así como se ten previsto algún plan de repatriación. 

Ademais, solicitou responsabilidades ante o abandono que se produciu desde a embaixada española, que "non contesta as chamadas de emerxencia destes cidadáns afectados pola crise que está a sufrir o país a causa do coronavirus". 

Comentarios