lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

O BNG urxe ao Estado que baixe "de maneira inmediata" as peaxes da AP-9

Néstor Rego. FERNANDO VILLAR (Efe)
Néstor Rego. FERNANDO VILLAR (Efe)
"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu", afirma Néstor Rego

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado que baixe "de maneira inmediata" as peaxes da AP-9, un "dos compromisos adquiridos" ao asinar o acordo de investidura cos nacionalistas galegos o pasado mes de xaneiro.

Segundo recolle o BNG, esta medida ten, ademais, "unha consignación orzamentaria a través de tres partidas que suman globalmente 55 millóns de euros", dos que 50 "son para bonificar as peaxes aos usuarios recorrentes".

Tendo en conta que os orzamentos quedaron aprobados no pasado 23 de decembro, para Néstor Rego "resulta inexplicable que o Goberno non fixese aínda as modificacións regulamentarias necesarias para poder aplicalos desde o 1 de xaneiro de 2021", unha data na que, en contra de baixar, subirán as peaxes da autoestrada atlántica.

"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu porque, ademais, non é un compromiso só co BNG, senón co conxunto dos galegos e galegas, que están a esperar que se anuncien novas tarifas que por primeira vez baixen os custos de utilización da AP-9, o que é fundamental para o noso país", explicou Rego.

O BNG urxe ao Estado que baixe "de maneira inmediata" as peaxes da...
Comentarios