O BNG subscribe a Declaración de Llotja de Mar xunto a outros partidos nacionalistas

Formacións catalás, vascas e galegas esixen o "dereito á autodeterminación" e a "liberdade dos presos políticos"
Ana Rodil, representante do BNG na Declaración de Llotja de Mar. BNG
photo_camera Ana Rodil, representante do BNG na Declaración de Llotja de Mar. BNG

Partidos nacionalistas cataláns, vascos, galegos, baleares e valencianos asinaron este venres en Barcelona unha solemne declaración conxunta na que reclaman un acordo político sobre a crise catalá, a defensa do dereito á autodeterminación dos "nosos pobos" e a liberación dos "presos políticos".

Estas formacións políticas tamén piden o diálogo para o regreso dos "exiliados", reclaman as liberdades civís e políticas dos seus cidadáns, así como as políticas sociais e económicas que permitan" o progreso dos nosos pobos".

Coa asistencia do vicepresidente da Generalitat, Pere Aragonès, os partidos que rubricaron a Declaració da Llotja de Mar do 25 d'Octubre de 2019 son: BNG, Crida Nacional, CUP, Demòcrates, EH Bildu, Esquerra Republicana, Esquerra Valenciana, MÉS per Mallorca, MÉS per Menorca e PDeCat-Junts per Catalunya.

Comentarios