sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

O BNG propón "revolucionar" a Xunta cunha "muller nacionalista" na presidencia

Ana Pontón, na sede do BNG en Santiago.XOÁN REY (Efe)
Ana Pontón, na sede do BNG en Santiago.XOÁN REY (Efe)
Ana Pontón considera que Feijóo recibirá unha "clara contestación" nas urnas a un goberno "incompetente e inútil" 

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, destacou que no partido "non se pon límites" de face ás eleccións do 5 de abril, que "queren liderar a alternativa a Feijóo" e algo "tan revolucionario" como a posibilidade de que por primeira vez haxa unha muller e do BNG como presidenta de Galicia.

Así o indicou a líder dos nacionalistas tras unha reunión de traballo na comisión de seguimento da campaña, na que repasaron tanto a elaboración das listas, que serán estudadas esta semana, como a do programa final, ao que incorporan "propostas da sociedade" galega a través da iniciativa Pensar Galiza.

Ademais, Pontón sinalou que teñen algo que é "moi importante, a garantía de que imos ter un Goberno galego sen mordazas". Nesta liña, insistiu en que as forzas estatais "xogan" coa Comunidade e que o seu partido é o "cambio que necesita" para "deixar de estar en mans de forzas sucursalistas".

A portavoz subliñou que o BNG é unha "forza política á alza" e que "están convencidos" de que vai haber un cambio en Galicia, pero que "ten que ser real, non chega cun cambio de face ou un cambio cosmético, hai que abrir un tempo novo" .

Así mesmo, sinalou que teñen algo que é "moi importante, a garantía de que imos ter un Goberno galego sen mordazas". Nesta liña, Pontón insistiu en que as forzas estatais "xogan" coa Comunidade e que o seu partido é o "cambio que necesita" para "deixar de estar en mans de forzas sucursalistas".

"Nós imos facer unha campaña ilusionante, porta a porta, para tirar de toda a xente que pode estar a dubidar que facer", remarcou Pontón. Así, mencionou que o BNG "pode garantir unhas condicións de vida boas", o que considera "a mellor garantía que poden ter os galegos e galegas".

UNHA DÉCADA DE GOBERNO "INCOMPETENTE E INÚTIL"

Pontón "está convencida" de que nas eleccións do 5 de abril Alberto Núñez Feijóo vai recibir unha clara contestación" nas urnas a "un goberno que só demostrou ser incompetente e inútil á hora de defender os intereses de Galicia".

Ademais, destacou que o candidato do Partido Popular deixa unha Comunidade "peor da que atopou" e a "triste marca de ser o único presidente da Xunta" que ao longo do seu goberno "non foi capaz de conseguir nin unha soa competencia nova".

Todo isto é para Pontón algo que "non pode soportar máis" Galicia, pois Feijóo "é incapaz de pór solucións a ningún dos problemas que neste momento ten" a Comunidade.

Así, considera que ao popular un presidente "ausente" e un candidato que "vén a estas eleccións única e exclusivamente para facer electoralismo cutre para tapar a súa incompetencia" á fronte da Xunta.

"TURISMO ELECTORAL" DO PSOE E PP

Por outra banda, a nacionalista comparou a visita de Pedro Sánchez a Santiago coas visitas de Mariano Rajoy, pois non lle parece "nin mellor nin peor" que as do antigo presidente español.

Así, mencionou que "imaxina" que será unha campaña con "turismo electoral" por parte do PP e PSOE, pero que o BNG "non necesita curmáns de zumosol".

Nesta liña, indicou que a comunidade necesita "menos Madrid e máis Galicia" e insistiu en que a candidatura do BNG é ten as "mans libres", non como as forzas estatais. 

O BNG propón "revolucionar" a Xunta cunha "muller nacionalista" na...
Comentarios