O BNG levará nas súas listas a membros de CxG

O acordo, presentado por Pontón e Piñeiro, circunscríbese ás xerais do 10-N
Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia, y Ana Pontón, líder del BNG. M.G.P
photo_camera Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral de Compromiso por Galicia, y Ana Pontón, líder del BNG. M.G.P

Catro membros de Compromiso por Galicia (CxG), formación que naceu no seu día por mor dunha escisión do BNG, irán en postos simbólicos das listas do Bloque ao Congreso e ao Senado, tras selar ambas as forzas políticas un pacto que cinguiron, iso si, ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Á súa vez, CxG pedirá o voto para a "candidatura de país" do BNG.

Tanto a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, como o secretario  xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro, circunscribiron este acordo político, asinado este luns en Santiago, á convocatoria das xerais. Calquera outra interpretación, defendeu Pontón, sería " desdebuxar" o acordo.

Pola súa banda, preguntado sobre se este paso pode anteceder a un achegamento en maior grao ao BNG para as autonómicas de 2020, por exemplo, Piñeiro defendeu que este acordo está encamiñado á defensa dunha "candidatura de país" para os próximos comicios e rexeitou pronunciarse sobre calquera formulación futura.

"Creo que debemos cambiar as formas e o chip de facer política", esgrimiu, convencido de que o pacto subscrito agora é "necesario" para que Galicia poida ter "voz propia e oídos" nas Cortes. Sobre o que ocorra para as autonómicas galegas, sinalou que "xa se verá".

Pontón agradeceu o paso dado por Compromiso co fin de que unha candidatura "galega" poida defender en Madrid "os intereses da comunidade" e deu a entender que non foi posible con outras forzas como En Marea polas súas pretensións de ligarse a outros partidos estatais.

Así, Pontón esgrimiu que "ir de ganchete" con forzas de carácter estatal, "chámense Podemos ou Más País", non é unha opción para o Bloque.

Comentarios