O BNG denuncia na Xunta Electoral o vídeo de precampaña do PP polo uso "partidista" da imaxe da Xunta

Os nacionalistas considera que se vulnera o principio de neutralidade dos poderes públicos
Un momento do vídeo denunciado polo BNG
photo_camera Un momento do vídeo denunciado polo BNG

O Bloque Nacionalista Galego denunciou ante a Xunta Electoral de Galicia o vídeo de precampaña do Partido Popular por vulnerar a normativa ao utilizar "de forma partidista e electoralista" o "nome da Xunta, o logo e o escudo institucional".

Na denuncia, á que tivo acceso Europa Press, o BNG acusa aos populares de "ofrecer desta forma unha visión de continuidade e confusión" do PP coa Xunta nun vídeo o que "apenas aparece en ningún momento o logo ou as referencias ao partido que se presenta ás eleccións, que é o PP".

O Bloque, que considera que se vulnera o principio de neutralidade dos poderes públicos, lembra a normativa reflicte que "non cabe a utilización ou a apropiación partidista da figura do Rei nin de símbolos ou institucións do Estado, que pola súa natureza ou de acordo co establecido na Constitución, están por encima das distintas opcións políticas".

Por iso, sinala que "en ningún caso será asumible a súa apropiación ou manipulación polas concretas entidades políticas nos seus programas e publicidade electoral". 

Comentarios