Benedicta Sánchez, protagonista das badaladas da TVG

A actriz de 84 anos e o presentador Arturo Fernández acompañarán a Gayoso na Praza do Obradoiro para dar a benvida ao 2020
Benedicta Sánchez. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Benedicta Sánchez. VICTORIA RODRÍGUEZ

A nomeada ao Goya na categoría de actriz revelación Benedicta Sánchez será unha das protagonistas nas badaladas da Televisión de Galicia, que se emitirán desde a Praza do Obradoiro de Santiago con conexión simultánea ao reloxo da Porta do Sol, en Madrid. 

A actriz de 84 anos que coprotagoniza a película O que arde acompañará a Xosé Ramón Gayoso e ao presentador do programa Malicia Noticias Arturo Fernández na retransimisión das badaladas coas que a TVG dará a benvida ao 2020. 

Así, a TVG conectará coa Praza do Obradoiro a partir das 23,55 horas para despedir o 2019 e entrar en 2020 ao son das campás da Berenguela. 

Alí estarán Xosé Ramón Gayoso, Arturo Fernández e Benedicta Sánchez, a veciña do Corgo que aos seus 84 anos converteuse nun dos personaxes galegos do ano grazas á súa interpretación en O que arde, o filme de Oliver Laxe que supuxo a súa primeira experiencia na gran pantalla. 

Comentarios