Beiras califica de "merdentos" a Rajoy e González

O veterano político nacionalista tamén desexou que "unha chispa" os "carbonizase"
Xosé Manuel Beiras.EP
photo_camera Xosé Manuel Beiras. EP

Xosé Manuel Beiras non puido reprimirse este martes e deu a súa opinión sobre o encontro que mantiveron os dous expresidentes do Goberno, Felipe González e Mariano Rajoy, o pasado venres 4 de octubre nunhas xornadas organizadas na Illa da Toxa sobre o futuro de Occidente.

O veterano político non dubidou en calificar a ambos os políticos, que estaban "xuntos en 'La Toja'", de "merdentos", segundo as súas propias verbas.

Ademais, o exlíder do BNG tamén desexou que "unha chispa" os "carbonizase".

Tanto Rajoy como González apostaron por unha gran coalición entre PP e PSOE para solucionar o estancamento político. Beiras define este pacto como unha "coyunda PPPSOE".

Comentarios