Baltar opta polo "teletraballo" tras o positivo dos seus pais

Manuel Baltar. EP
photo_camera Manuel Baltar. EP

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, decidiu optar polo "teletraballo" nos próximos días após o positivo os seus pais en coronavirus e a pesar de dar "negativo" en dúas probas. 

Así o sinalou nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter, no que explica que no "único momento" no que coincidiu cos seus proxenitores no último mes gardaron "todas as recomendacións" de forma que estiveron "menos de 15 minutos", "con distancia social" e "máscara". 

"Ante o positivo do meu pai e a miña nai, aínda que no único momento no que coincidimos no último mes fisicamente gardamos todas as recomendacións (menos de 15 minutos, distancia social e máscara), fixen dúas probas con resultado negativo, opto polo teletraballo nos próximos días", apunta a mensaxe. 

O pasado luns transcendeu que o expresidente da Deputación de Ourense e pai de Manuel Baltar, José Luís Baltar, atópase ingresado en planta do Complexo Hospitario Universitario de Ourense (CHUO) por coronavirus. 

O martes, Manuel Baltar visitou xunto á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional en funcións, Carmen Pomar, as obras do Centro Galego de Innovación en Formación Profesional, en Ourense. 

Comentarios