Os Premios de Gastronomía de Galicia recoñecen a traxectoria de Aurora Baranda

Os galardóns entregaranse o vindeiro 8 de abril no programa 'Luar' adicado ao cocido
Aurora Baranda. ARCHIVO
photo_camera Aurora Baranda. ARCHIVO

Leonila Fernández, de Sexto Pino; Aurora Baranda, de Pulperías Aurora do Carballiño, a revista La Alacena Roja e a empresa As Maruxas de Nata foron distinguidos co Premio de Gastronomía de Galicia 2022. 

Nesta XXVIII edición, as categorías sufriron unha restructuración que deixou en cinco o número de galardóns e pasando o premio de Toda Unha Vida a levar o nome do cociñeiro Pepe Solla.

O alcalde de Lalín, José Crespo, presidiu a reunión do xurado, do que tamén formaron parte Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; Marta Fernández Vázquez, directora do Centro Superior Hostelería de Galicia; José Antonio Rivera Casal, delegado en Galicia Eurotoques, Daniel López (O Camiño do Inglés), vicepresidente do Grupo Nove; Antonio López Gay (A Faragulla), representante Amigos da Cociña Galega; José Martínez Vidal (Rest. O Parrulo), Club Gastronómico Rias Altas; José Luis Iglesias González (Restaurante Cabanas), membro Eurotoques, Xantares, Lareira e Amigos Cociña Galega; e Jose Ramón García Montoto (Hotel Parrillada Villanueva) e membro da domisión do Cocido Hostalería Local.

O xurado decidiu otorgar o Premio Pepe Solla ao labor de toda unha vida a Leonila Fernández do Restaurante Sexto Pino de Ferrol. Unha cociñeira á que o xurado distinguiu "a súa amplísima traxectoria que podería rematar ao longo deste presente ano coa súa xubilación despois de moitas décadas ao fronte dos fogóns deste local de restauración". 

No apartado do Premio ao Profesional que máis se distinguira na potenciación da Cociña Galega, o galardón recaeu, por decisión do xurado, na persoa de Aurora Baranda, de Pulpería Aurora, de Carballiño. Unha das pulpeiras máis coñecidas de Carballiño e que o xurado premiou pola súa "importante traxectoria e polo crecemento da empresa nos últimos ano coa apertura de novos negocios en Lugo, Ourense, A Coruña". 

O xurado distinguíu no apartado do Premio á empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía Galega e dos produtos gastronómicos galegos á revista La Alacena Roja polo seu "intenso traballo na difusión, promoción e potenciación de empresas, produtos e pratos típicos de Galicia e a difundir a profesionalidade da hostalería galega".

A empresa As Maruxas de Nata de San Sadurniño en Valdoviño foi merecedora do premio á pequeno produtor que máis se destacou no ano pasado ano e no que destaca unha elaboración moi coidada xunto a unha imaxe de produtos espléndida que contribúe a potenciar os produtos artesanais galegos.

Premio á adega ou empresa vitivinícula

Por último, no apartado de recente creación de Premio á adega ou empresa vitivinícola o galardón recaeu en Luís Anxo Rodríguez de A Torna dos Pasás.

Os premios de Gastronomía de Galicia entregaranse xunto ao Premio Álvaro Cunqueiro no decurso do programa Luar de TVG do día 8 de abril.