Atraco no barrio dos Mallos

Unha persoa perpetrou un atraco nunha sucursal do Banco Etcheverría, sita na rúa Eusebio da Guarda da Coruña, onde tomou un rehén a quen amenazou senón lle entregaban o diñeiro. O persoal decidiu entón entregar diñeiro, uns 8.000 euros, ao atracador que deixou en liberdade ó rehén e fuxiu inmediatamente do banco.

O suceso ocorreu sobre as 13:00h deste luns a onde se desplazou rápidamente varias dotacións da Policía Nacional (sobre 3 coches patrulla e un par de coches da policía chamada habitualmente secreta ou de paisano), ademais dunha ambulancia que permaneceu na zona por si fora necesaria. Foi o interventor do banco quen deu aviso á policía denunciando o caso, dando despois as características do individuo ós especialistas policiais que deron comezo a unha investigación policial.

Este suceso provocou un gran revuelo no barrio pola espectacular posta en escea da Policía con tanto coche e axente por alí. Provocou isto tamén, grandes atascos na zona polo pouco espazo que se deixou para a circulación dos coches, quen ademais circulaban lento para intentar averiguar o que ocorría. Un dos principais problemas de tráfico ocorreu cando chegou o habitual autobús escolar a iso das 13:30h e durante uns minutos non puido maniobrar.

(Nova enviada polo administrador do blog Barrio dos Mallos)

Comentarios