martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Galegos do exterior gozarán do Camiño co programa Reencontros co Xacobeo

Participantes no programa chegados este domingo. EP
Participantes no programa chegados este domingo. EP

O subdirector da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Casas, recibiu este domingo no aeroporto de Santiago de Compostela os primeiros participantes no programa Reencontros co Xacobeo. O programa desenvolverase ao longo da próxima semana en dous grupos, distribuídos en dous balnearios galegos.

Así, o departamento autonómico, indica nun comunicado, continúa "cos programas para achegar Galicia aos galegos no exterior", centrándoos, nesta ocasión, no Ano Santo. "Este programa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas maiores de 65 anos vinculadas aos centros galegos do exterior", explican. 

Desta forma, un centenar de galegos poderán coñecer o patrimonio cultural e natural das zonas polas que vaian pasando a través do Camiño, así como realizar actividades de balneario no seu lugar de aloxamento. 

Galegos do exterior gozarán do Camiño co programa Reencontros co...
Comentarios