Arde unha casa por completo en Maside

Ninguha persoa resultou ferida
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bomberos. AEP

Un incendio declarado no interior dunha casa en Maside provocou que a vivenda ardese por completo, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Os feitos sucederon no lugar de Aldea de Arriba, ao fío das 11.00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do lume.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción do incendio preto das 14.00 horas.