sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Aparece a nena de sete meses desaparecida este martes no CHOU

Confírman que foron os pais quen a levaron do Hospital de Ourense sen avisar para non pagar a factura médica

A Policía Nacional confirmou este xoves que o bebé de sete meses desaparecido o pasado martes do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) antes de recibir o alta foi levado polos seus propios pais con motivo de non pagar a factura pola atención médica. Fontes da investigación sinalaron que continúan as pescudas para tratar de localiza os proxenitores, un matrimonio húngaro que viña de Alemaña e que, supostamente, xa non se atoparía na cidade.

Os feitos producíronse o pasado martes ao redor das 17.00 horas, cando o servizo de Pediatría do CHUO confirmaba a desaparición dunha nena de sete meses que fora ingresada tres días antes cunha forte deshidratación, aínda que no momento dos feitos xa se atopaba totalmente recuperada.

A Unidade de Familia e Muller da Comisaría de Ourense, encargada da investigación, apuntou xa desde un primeiro momento a posibilidade de que fosen os pais quen a levaron sen esperar o alta. A razón podería ser a de evitar o papelorio, o pago de posibles facturas ou para non ter que ser identificados, xa que acababan de chegar desde Alemaña e a súa situación podería ser irregular.

Aparece a nena de sete meses desaparecida este martes no CHOU
Comentarios