miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Aparece o cadáver dun home flotando no río en Arteixo

Oficinas del 112 en Santiago
Oficinas del 112 en Santiago
O corpo foi atopado por un particular en torno ás 17.30 horas

Un particular avistou na tarde deste xoves un cadáver flotando no río Sisalde, no municipio coruñés de Arteixo. 

Segundo informou o 112-Galicia, os equipos de emerxencias tiveron coñecemento do achado sobre as 17.30 horas. O corpo estaba a flotar no río moi preto da depuradora. 

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Arteixo, así como persoal sanitario do 061. Os axentes, que investigan o achado, confirmaron que se trata do corpo dun home. 

Aparece o cadáver dun home flotando no río en Arteixo
Comentarios