Aparece o cadáver dun home aboiando no mar en Fene

Investíganse as circunstancias da morte
Zona de San Valentín, en Fene. GOOGLE MAPS
photo_camera Zona de San Valentín, en Fene. GOOGLE MAPS

O corpo sen vida dun home foi recuperado o sábado pola tarde cando flotaba na auga na zona de San Valentín, no municipio ferrolán de Fene.

O 112 recibiu un aviso da Policía Local ao redor das 20:30 horas e mobilizou a Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Ademais, solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Fene.

Finalmente, o corpo sen vida foi rescatado da auga por unha da embarcación mobilizadas. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.